miércoles, 18 de agosto de 2010

Estaba eu nunha rocha mirando cara Cíes cando se me deu por reflexionar en alto... ¡As ghavotas temos algo que dicir!


Deixade que me presente. Chamome José Docastro Mariño, pero toda a miña vandada me coñece polo nome de "José Peteiraso", un alcume gañado con anos de joder nos bocatas da xente e espantar ós inimigos das ghavotas de Donón (nenos pequenos, jodechinchos, furtivos e demáis fauna silvestre).

Nacin nunha fría e ventosa mañá de decembro do Anno Domini 2003 e dende entón vivo nunha rocha moi recatada en Cabo Home xunto ó resto da miña ampla familia (unhas duascentas ghavotas patiamarelas) e teño familia en Cíes, Udra e uns familiares lonxanos que viven entre as rochas da praia de Portomaior en Bueu.

O meu principal divertimento e comer dos bocatas dos jodechinchos, se poden ser de nenos pequenos aínda mellor, traballo fácil. Entre outros hobbies están botar un chapuzón na praia de Melide de cando en cando e rirme dos turistas que pasan pola caracola de Donón cagándolles en toda a cabeza. Humor de ghavota, os humanos non o entenden e se enfadan todo.

Pois ben, dende o colectivo ghavoteiro elexironme a min para poñer en marcha este espacio donde imos ir relatando as nosas aventuras contra vento, marea e jodechincho no noso fogar que é Cabo Home (ou Capemán para os inghleses). Así que visitade este espacio a miúdo que teredes noticias nosas moi pronto.

Un saúdo de Manolo o Mascato, un bo tío pero demasiado tímido como para facerse un bló para el só.

PD: estamoslle a joder o WIFI ó chiringho de Cabo Home!!!!